Pingueira busca conformar unha comunidade de aprendizaxe que vencelle a profesorado, personal investigador, alumnado e familias para conxuntamente reflexionar sobre líñas estratéxicas en educomunicación. O principal interese deste encontro é facilitar ferramentas que axuden á dinamización da nosa cultura audiovisual, dixital e en liña a través do empoderamento tecnolóxico desta comunidade entendida nun sentido amplo valorizando os coñecementos locais e facilitando a interacción entre xeracións. Esta primeira edición artéllase en torno á liña estratéxica da educomunicación na intersección coa tecnociencia.
-Programa completo: pingueira_triptico_impresion_web
Valoración en horas: 12. (Pendente de homologación)
Prazo de inscrición: Do 22/08 ao 21/09
Venres 23. De 16:30h a 20:30h.
Sábado 24. De 10 a 14:30 h e de 16h a 20h.
Proporcionar un foro de encontro entre as persoas investigadoras en educomunicación, profesionais de ensino, alumnado e familias no que se expoñan experiencias pioneiras nestes ámbitos e se abran os procesos, as metodoloxías e o impacto.
Facilitar unha cartografía de proxectos, colectivos e persoas que estean a traballar en educomunicación e a actualización e difusión das liñas discursivas máis innovadoras tanto a nivel investigación coma na práctica, e valoralas no seu contexto específico.
Activar un espazo crítico de reflexión, intercambio e discusión de distintos puntos de vista e experiencias con educomunicación e educación tecnocientífica, abrindo o debate aos retos que se nos presentan nun mundo en constante cambio.
Estudar liñas de investigación-acción entre a educación e a comunicación, creación contemporánea e tecnociencias que permitan a apertura dos procesos educativos e a súa adaptación ao panorama comunicativo actual.
Obradoiro semanal. Espazo de co-aprendizaxe para alumnado de secundaria: A remistura videográfica a tempo real ou cinema en vivo. Imparte Gael Carballo. Conferencia inaugural Aprendizaxes entrópicos para ecosistemas sociais Táboas redondas Comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. 1. De disciplinas estancas a proxectos transdisciplinares ACTS (artes + ciencias + tecnoloxías e sociedade). 2. Aulas conectadas e multimedia. Experiencias de proxectos pioneiros de educomunicación. 3. A transmisión interxeneracional do patrimonio rural a través das tecnoloxías da información e o coñecemento. Estudos de caso. Presentacións que ilustran diferentes problemáticas en educomunicación e como foron afrontadas no contexto específico. Outros: Saídas de campo: Visita a enclaves Ribeira Sacra, presentación de libro, entre outras actividades.
Trátase dun encontro que se adapta ás particularidades do territorio de onde se inscribe, marcadamente rural. Chantada, e Arxeríz en O Saviñao serán os lugares escollidos para este primeiro encontro, que tamén se estende a outros puntos da Ribeira Sacra.
Toda a información sobre o aloxamento en Chantada e arredores faclilitada pola Oficina de Turismo do Concello de Chantada : descarga ALOXAMENTOS_PINGUEIRA
NÚMERO DE PRAZAS: 60, por rigorosa orde de inscrición (determinado polo espazo do lugar elixido para o Encontro) Comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. Profesionais da educación, comunicación, tecnociencia e creación Persoal investigador do ámbito universitario, museístico ou independente. Movementos sociais e axentes sociais diversos. Persoas interesadas en reflexionar sobre estes eixos epistemolóxicos