Convocatoria aberta de proxectos Cóntanos a túa experiencia

Se queres compartir o teu proxecto ou experiencia pedagóxica nos ámbitos temáticos da educomunicación e a tecnociencia co resto das persoas participantes do Encontro estaremos encantadxs de recibir a túa proposta!

Inscricións. Enche o formulario que está ó carón e adxunta un ficheiro en PDF cun pequeno biocv e unha descrición do proxecto. Se o prefires podes enviar un mail á coordinación do Encontro airoa[at]airoa.gal co asunto Inscrición_Pingueira_Oteunome

Prazo de inscrición: O prazo estará aberto ata o 10 de setembro  15 de setembro de 2016

Prazo de resolución: O día 15 de setembro de 2016

Selección das propostas:  Nova Escola Galega e Airoá Comunicación

Criterios de selección: Adecuación dos contidos do proxecto ás liñas estratéxicas do Encontro; impacto do proxecto na comunidade educativa onde se inseriu; posibilidades de aplicabilidade da experiencia a outros contextos; perspectiva de xénero e prioridade ós proxectos que operen en territorio rural.

Espazo dentro do Encontro: As presentacións de proxectos serán  o día 24 ás 12h.

Duración: Van ser presentacións breves, duns 15/20 minutos

Condicións de participación: Facilitaremos unha invitación para asistir de balde a todo o encontro, a cena do día 23 e a comida do día 24.