Tucho Méndez Profesor e fedelleiro

Tucho Méndez

Profesor de Tecnoloxía de Secundaria no CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco, A Coruña, e entusiasta da cultura libre, especialmente o Hardware e o Software. É membro da asociación Bricolabs. Ten desenvolto proxectos co alumnado coma Imprusiño, a primeira RepRap feita como proxecto de aula en España. Con ese proxecto tense metido no mundo fedelleiro, traballando e aprendendo coa impresión 3D, a programación e a robótica con Arduino, como se pode consultar no seu github e a súa web. Actualmente forma parte do equipo do proxecto Escornabot.

AS MIÑAS INTERVENCIÓNS