Irene Lapuente La Mandarina de Newton

Irene Lapuente

É licenciada en Física pola Universidad de Barcelona e posgraduada en Comunicación de la Ciencia (UPF) e en Creación de Documentales Científicos (UPF) e ten un forte compromiso co mundo da danza. É  fundadora e directora de La Mandarina de Newton (@mandarinanewton), unha empresa ubicada en Barcelona que hibrida ciencia e tecnoloxía con outras disciplinas para crear actividades, exposicións, performances, recursos educativos e proxectos participativos e innovadores. O obxectivo principal desta empresa é fomentar a creatividade, o pensamento crítico e intelixencia colectiva.  Ao longo destes anos teñen traballado para o CSIC, o Parque de Investigación da Universidade Autónoma de Barcelona, Fundación La Caixa, Ars Santa Mónica, Telefónica I + D, o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, Mediapro ou El Boulli Foundation. Algúns dos proxectos máis importantes ao longo dos anos son Science of the City,
TalentLab para el CSIC, el Kit Caixa Comunica, Universo Internet. Ademáis no Espacio Mandarina de Gràcia ofrecen unha programación trimestral de talleres de ciencia, tecnoloxía y audiovisuais, así coma exposicións e ciclos charlas.

AS MIÑAS INTERVENCIÓNS