Francesc-J. Deó Aula Mèdia

É profesor de Tecnoloxía e xornalista. Coordinador da revista dixital AulaMèdia. Educació en Comunicació e de EduCom.
Foi formador de persoas formadoras do Departament d’Ensenyament da Generalitat de Catalunya e do Institut de Ciències de l’Educació da Universitat de Barcelona (ICE-UB). Ademais foi coordinador e formador da Escola d’Estiu d’Educació en Comunicació (2006-2012) de AulaMèdia.
É colaborador en diferentes publicacións pedagóxicas, autor e editor do libro Educació i Televisió Local (2000) e do libro Zàping. Pensant (amb) la comunicació (2011). Coautor co Dídac Roger das reportaxes audiovisuaiss: Una Mirada Crítica (2012), Un matí a la redacció de TV3 (2015) e El Poder dels Mitjans (2016).
—
AulaMèdia. Educació en Comunicació
AulaMèdia é unha revista de educación en comunicación publicada en marzo de 2001, é dicir, hai máis de 15 anos. Actualmente ten máis de 25.000 persoas abonadas espalladas por toda Catalunya. Nas súas páxinas pódense atopar experiencias de información, opinión ou de aula, especialmente do ensino secundario. Tamén producción audiovisual para a aula ou materiais de análise crítica do contido dos medios de comunicación.
AulaMèdia. Educació Comunicació organiza anualmente as Jornades d’Educació en Comunicació que queren ser un punto de encontro para a reflexión e debate sobre a función social e educativa dos medios de comunicación audiovisual. Xa van pola décima edición e están destinadas a profesorado, xornalistas e estudantes de ciencias da comunicación.
AulaMèdia ven publicando durante estes anos materiais audiovisuais como a colección de DVDs “Darrere la Pantalla” sobre varios xéneros televisivos. Tamén paga a pena mencionar é o DVD “Dónam la teva mirada” sobre a linguaxe visual. Este material foi traducido ó galego por Airoá Comunicación baixo o título: “Dáme a túa mirada. Fundamentos da linguaxe audiovisual”.