Carme G. Antía V. Velaísca

Carme G. Antía V.

Velaísca é un colectivo chantadino que busca poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da comarca entre @s máis pequen@s e os que non o son tanto.

Antía Vázquez, licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente realizou o máster da Pompeu Fabra en Políticas Públicas e Sociais, especializándose en participación infantil. Tamén é monitora de tempo libre. De aí que conxugase os seus estudos coa posta en marcha de Velaísca, unha empresa dedicada a proxectos educativos e infantís onde a participación e interacción dos máis pequenos é o eixo principal.

Carmen González é licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou o mestrado de Profesorado de Educación Secundaria na especialidade de Ciencias Sociais. Dende o 2008 é monitora de tempo libre. No ano 2015 decide votar a andar, xunto con Antía, Velaísca, unha empresa dedicada a proxectos educativos e infantís, onde se conxugan actividades de posta en valor do patrimonio co lecer e o tempo libre.

AS MIÑAS INTERVENCIÓNS