Garda as datas!

O 23 e o 24 de setembro terá lugar en Chantada, Lugo, PINGUEIRA.ENCONTRO TRANSDISCIPLINAR DE CO-APRENDIZAXE EN CONTEXTO #1 Educomunicación e tecnociencia. Este encontro impulsado por Nova Escola Galega e Airoá Comunicación busca conformar unha comunidade de aprendizaxe que vencelle a profesorado, personal investigador, alumnado e familias para conxuntamente reflexionar sobre liñas estratéxicas en educomunicación.

O principal obxectivo deste encontro é facilitar ferramentas que axuden á dinamización da nosa cultura audiovisual, dixital e en liña a través do empoderamento tecnolóxico desta comunidade entendida nun sentido amplo valorizando os coñecementos locais e facilitando a interacción entre xeracións. Esta primeira edición artéllase en torno á liña estratéxica da educomunicación na intersección coa tecnociencia.

Está composto por un obradoiro para o alumnado de secundaria sobre remistura videográfica a tempo real e unhas xornadas, compostas por conferencias, mesas redondas, estudos de caso e dinámicas grupais. Trátase dun encontro de carácter transdisciplinar que se adapta ás particularidades do territorio de onde se inscribe, marcadamente rural. Chantada, na provincia de Lugo e Arxeríz en O Saviñao serán os lugares escollidos para este primeiro encontro, que tamén se estende a outros puntos da Ribeira Sacra.

Seguimos!

Envía un comentario

Email necesario *