Se queres compartir o teu proxecto ou experiencia pedagóxica nos ámbitos temáticos da educomunicación e a tecnociencia co resto das persoas participantes do Encontro estaremos encantadxs de recibir a túa proposta!
Inscricións. Enche o formulario que está ó carón e adxunta un ficheiro en PDF cun pequeno biocv e unha descrición do proxecto. Se o prefires podes enviar un mail á coordinación do Encontro airoa[at]airoa.gal co asunto Inscrición_Pingueira_Oteunome
Prazo de inscrición: O prazo estará aberto ata o 10 de setembro 15 de setembro de 2016
Prazo de resolución: O día 15 de setembro de 2016
Selección das propostas: Nova Escola Galega e Airoá Comunicación
Criterios de selección: Adecuación dos contidos do proxecto ás liñas estratéxicas do Encontro; impacto do proxecto na comunidade educativa onde se inseriu; posibilidades de aplicabilidade da experiencia a outros contextos; perspectiva de xénero e prioridade ós proxectos que operen en territorio rural.
Espazo dentro do Encontro: As presentacións de proxectos serán o día 24 ás 12h.
Duración: Van ser presentacións breves, duns 15/20 minutos
Condicións de participación: Facilitaremos unha invitación para asistir de balde a todo o encontro, a cena do día 23 e a comida do día 24.